Opinión

Andar e ver Galiza con Manuel María

Nestes días de estarmos en casa por mor da pandemia, un ten necesidade de saír, su-poño que todos, e pórse a camiñar. Non fai falla ir moi lonxe, como dixo Castelao, o país “é  tan  grande  na  súa  extensión  e  na  súa  profun-didade, que non abondan os días dunha vida para o  coñecer...”.  Unha  actividade  creada  a  partir  da relación entre literatura e territorio, que acostuma ser levada a cabo por entidades culturais, biblio-tecas municipais, colectivos de docentes..., son os itinerarios,  paseos,  roteiros  ou  viaxes  literarias. Percursos,  de  lonxitude  e  intensidade  variábel, que  unen  distintos  puntos  literarios  identificados cunha obra concreta ou co corpus literario ou a biografía  dunha  autora  (Ucella,  2013).  Camiñar, nestes casos, pode ser como un prolongamento da mesma lectura para redescubrirmos de novo pa-labras, lugares, personaxes que estiveron previa-mente no noso maxín mentres liamos.

Unha posíbel suxestión para este verán, sempre que as circunstancias o permitan, é percorrer lu-gares do mapa de Fontán, coñecidos ou non, tendo como guía a palabra escrita do propio Manuel Ma-ría. “Cando un home anda polo mundo / e tripa cos seus pés o chao amigo / vai deixando algo do que el é / e recibe en troques / moi valiosos e preciados tesouros: / un recendo, unha cor, un desexo, o ga-rimo da luz e mais da brisa / ...”. O noso escritor, segundo as persoas que o trataron, gozou moito viaxando e camiñando por Galiza e ocupou grande parte do seu tempo vital en coñecer física e intelec-tualmente os seus distintos territorios. Xa de mozo, no verán, percorría cada un dos camiños e lugares da Terra Chá e cando ía con seu tío a Cespón, para pasaren unha tempada na casa dunha curmá de seu pai, aproveitaba para ir en bicicleta até Boiro, Tara-goña, Rianxo, Noia... Coñecemento e sentimento de amor por nós e polo noso que transmitiu e partillou. “Eu moitas veces que vou a un lugar, para recorda-lo escrebo un poema”. E aí está, dentro da súa vasta obra, un ciclo, que Camilo Gómez Torres denomi-na “Andar e ver Galiza”, que abranxa poemarios, cadernos, separatas e poemas como Cancioneiro de Monforte de Lemos, Cantigueiro de Orcellón, Cancioneiriño de Valdeorras, Sonetos ao Val de Quiroga, Cantigas e Cantos de Pantón, Versos flo-recidos en louvanza de Foz, Poemiñas ás xencianas de Cabeza de Manzaneda, Versos para entrar ou saír por cada unha das dez portas da muralla ro-mana de Lugo... Unha denominación que tamén a poderiamos facer extensíbel a moitos dos seus artigos xornalísticos, por exemplo, Viaxe a Lalín, Subida ao Faro con parada en Chantada, Caavei-ro, Ferrol, Viaxe a Carral dos Mártires, Viaxe ao Cantábrico, Viaxe a Vilar de Donas, A paisaxe das pedras, O maio en Laza...Versos e textos da nación contemplada desde lugares concretos, que deben ser lidos neses mesmos lugares que se evocan e des-criben e que nos van facer propias as sensacións e sentimentos do escritor.

Se se animaren a levar a cabo o que suxerimos van encontrar unha dificultade, a falla de soportes, sobre todo se non coñecen o espazo. Terán, unha vez escollido o poemario, ou os poemas ou artigos determinados, marcar os puntos literarios e organi-zalos nunha secuencia que poida ser do seu interese. O único guieiro será, por tanto, a obra de Manuel María, a palabra enraizada do escritor que vai pro-xectar de maneira sinxela e sensíbel, e na procura da beleza, esa xeografía concreta, dándolle corpo, visibilidade, significado e dignidade. Camiñando e contemplando os espazos e lugares, lean en alto os textos saídos da creación e do amor e deixen resoar o que nos describe, con naturalidade e sen complexos, da paisaxe, de feitos históricos, das tradicións, do patrimonio, das xentes, dos traballos, dos froitos... Hai moitas outras propostas de paseos literarios, como as que se poden facer pola súa sentida Te-rra Chá seguindo algunhas das súas selectas obras do  ciclo  chairego.  Deixámoslles  nomeada  unha delas, simplemente por se decidiren vir visitar a Casa-Museo Manuel María. Unha camiñada po-las paisaxes nativas de Outeiro de Rei, por eses camiños que o coñeceron e amaron. Ritual para unha tribo capital de concello podería valer de magnífica guía. Alí os esperamos

Comentarios