Opinión

Bens comúns

Bruxelas acolleu a celebración os pasados 15 a 17 de novembro da 1a Asamblea Europea dos Bens Comúns. Coorganizado por numerosas organizacións e promovida entre outros parlamentares pola eurodeputada portuguesa do Bloco Marisa Matias, que preside o Integrupo dos Bens Comúns do Parlamento Europeu, a asemblea foi un esforzo de debate de iniciativas para avanzar sobre propostas políticas a nivel europeo relacionadas coa protección dos bens comúns. Dende temas como auga, enerxía, cultura, conhecimento, internet e infraestrutura, territorio, alimentos. etc.

Unha delegación galega representamos temas galegos nesta Asemblea. Ademais doutras persoas galegas, foi importante que a Organización Galega de Montes Vecinhais en Man Común estivese a representar Galiza. Os montes en man común, como os baldíos en Portugal, son gobernados pola vecinhanza, o goberno do Pobo, como definiu o presidente Alfredo Pereira, quen xunto co membro da Directiva Moncho Suárez levaron esta nosa realidade ao foro europeo.  As terras comunitarias galegas representan 2/3 do noso territorio, case 700.000 hectáreas e arredor de 300.000 comuneiras e comuneiros. As particularidades dos montes en man común son únicas en Europa e precisan tamén ser reconhecidas nese eido. En Portugal son reconhecidas na mesma Constituição, na espanhola, non. En Europa, tampouco, e iso ten unha repercusión, pois vense tocadas por diferentes políticas, dende a agraria común, a PAC, á medio ambiental e enerxética. O capitalismo feroz, centrado na especulación e a privatización, ameaza a este tipo de bens comunitarios, da comunidade, do Pobo.  

Os montes en man común, como os baldíos en Portugal, son gobernados pola vecinhanza, o goberno do Pobo, como definiu o presidente Alfredo Pereira

Precísase pois, fronte ás ameazas, en primeiro lugar o reconhecimento dos Bens Comúns, tendo lexitimidade de seu. Por iso, creamos -con representantes de baldíos, de comunidades galegas e portuguesas, tamén de Italia, Grecia, expertos, organizacións que traballan no debate, valorización e proteccción dos Bens Comúns, e co fin de ampliar a rede- un grupo de traballo territorial que traballe na situación específica destes bens territoriais.

Para Galiza, estes bens comúns deben ser postos en valor de xeito sustentable e multifuncional. Seu funcionamento democráticos, con gobernanza de base popular, pode ser un exemplo de xestión para outras realidades. Máis hoxe a lousa de erróneas políticas e a as amezas especulativa e privatizadora das multinacionais cae con forza, dende a megamineria até a explotación e monocultivo intensivo. Por iso, un chamado galego e europeo á igualdade destes Bens Comúns e pornos a traballar para que o debate sexa unha realidade que beneficien o entorno e o Pobo. 

Comentarios