Opinión

Enchamos Compostela de mocidade e soberanía!

Ser moz@ nestes tempos non é tarefa fácil, e máis, cando nos atopamos ante un goberno do PP que nos nega e non aposta por nós, malia que apostar pola mocidade sexa apostar polo futuro dun país. Un goberno ademais, que nos destrúe como persoas e nos baleira por dentro, pretendendo facer de nós, seres individualistas e competitivos ao servizo dunha sociedade capitalista e centralista. Que non pon solución ao terríbel e progresivo aumento da emigración xuvenil, duro e triste dicilo, mais a vía de escape que nos proporcionan as políticas actuais do PP é coller a maleta, que o propio presidente da Xunta de Galiza xa nos agasalla, e marchar. Marchar si, marchar. Canta incompetencia! 

Ser moz@ nestes tempos non é tarefa fácil, e máis, cando nos atopamos ante un goberno do PP que nos nega e non aposta por nós, malia que apostar pola mocidade sexa apostar polo futuro dun país. Un goberno ademais, que nos destrúe como persoas e nos baleira por dentro, pretendendo facer de nós, seres individualistas e competitivos ao servizo dunha sociedade capitalista e centralista. Que non pon solución ao terríbel e progresivo aumento da emigración xuvenil, duro e triste dicilo, mais a vía de escape que nos proporcionan as políticas actuais do PP é coller a maleta, que o propio presidente da Xunta de Galiza xa nos agasalla, e marchar. Marchar si, marchar. Canta incompetencia! 

 "No BNG deime conta que somos a única forza política que presentamos unha alternativa real ás políticas actuais e que poñemos a solución enriba da mesa".

Neste contexto actual, no que cada vez se fala máis do pasotismo e desinterese político da mocidade ante os problemas actuais que padecemos, demostremos que non é certo. Acudamos o 15 de setembro á manifestación que convoca o BNG en Compostela ás 12 da mañá con saída da Alameda, baixo o lema “Por unha patria soberana” para encher as rúas de esperanza, de futuro e de soberanía. Certo é que o momento non é para desentenderse, que son tempos moi duros e cómpre adentrármonos na cuestión e poñermos solución. Mexan por nós. Non chove.

E ademais de percorrer as rúas, facelo con orgullo, con moitísimo orgullo de ser nacionalistas. Porque é de orgullo recoñecer o que somos. A dicir verdade, no BNG deime conta que somos a única forza política que presentamos unha alternativa real ás políticas actuais e que poñemos a solución enriba da mesa. A solución pasa pola soberanía nacional, para ser nós quen decida sobre os nosos intereses ou para poñer a funcionar os nosos sectores produtivos e xerar emprego digno na nosa terra, no canto de explotala e roubarnos os nosos intereses. 

"A solución pasa pola soberanía nacional, para ser nós quen decida sobre os nosos intereses ou para poñer a funcionar os nosos sectores produtivos e xerar emprego digno na nosa terra, no canto de explotala e roubarnos os nosos intereses"

Porque somos unha nación rica e potente. É por iso polo que temos que rachar coas políticas do PP, dicirlles alto e claro que non queremos un goberno coma o seu e atrevernos a loitar pola alternativa que nos defende, que non é nada máis e nada que menos que a de conseguirmos unha patria soberana. Non queremos coller a maleta. E porque? Porque sabemos que aquí temos futuro e temos solución. E temos riqueza. E por iso lles doe recoñecelo!

No BNG comprendín que a batalla non está perdida, que aínda queda moito por facer mais que tamén fixemos moito, que todo suma, cada persoa, cada moblización, cada iniciativa. Pasiño a pasiño imos avanzando e damos saltos moi grandes. Somos capaces de erguer un pobo. Un pobo cunha historia, cunha cultura e unha lingua. Unha nación negada historicamente por gobernos fascistas e centralizadores mais amada e respectada por milleiros de persoas. Un pobo con capacidade de decisión. Cada vez somos máis nesta loita, neste longo camiño que estamos a facer, porque entendemos que a xustiza, a igualdade real, o benestar pasa pola soberanía nacional. Porque non poden nin van poder con nós. Porque se a día de hoxe seguimos a encher camiños con mozas e mozos que claman unha patria soberana e que intentamos aportar o noso gran de area para contribuír a crear un mundo máis xusto e mellor, por moito que lles doa, permitídeme o placer de berrar con moito, moito, moito orgullo, rebeldía e paixón o que tamén berraba Castelao: “Sodes uns imperialistas fracasados”

"Aquí está a semente de vencer, en Compostela o día 15, na rúa, berrando e camiñando cara a vitoria cun obxectivo claro. Coa paixón de saber que hai solución e co orgullo de sermos nacionalistas".

Canta razón tiña Rosaía, fagamos nosas as súas verbas “Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida”; enamorémonos como tamén o fixo Bóveda “ A miña Patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente como pode amar un fillo á súa nai. Endexamais a traicionaría aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa ata máis aló da miña morte. Se entende este tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis pola miña Terra. Fixen canto puiden por Galiza e faría moito máis se puidera. Se non podo seguir traballando máis por ela, gustaríame morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado”; contaxiémonos do entusiasmo xuvenil, da ilusión, da rebeldía, do compromiso e da entrega desmesurada de Pedro Galán Calvete, un mozo de 19 anos asasinado polo fascismo español sen ningún motivo máis alá que defender unha Galiza Ceibe; ergamos tamén o puño de Moncho Reboiras, quen atravesou os nosos corazóns cunha semente de vencer.

Porque aquí está a semente de vencer, en Compostela o día 15, na rúa, berrando e camiñando cara a vitoria cun obxectivo claro. Cun sorriso na cara e mil razóns no corazón. Coa paixón de saber que hai solución e co orgullo de sermos nacionalistas. Con alegría disfrutando da nosa música e da nosa xente, da nosa lingua, de quen lle dá sentido a esta nación. 

Comentarios