Evento

Zoelas actuará na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei

2022-06-04
20:00 h
Casa-Museo Manuel María / Rúa F, 2
Zoelas fecha a primeira quenda de actividades na Casa-Museo.
photo_camera Zoelas fecha a primeira quenda de actividades na Casa-Museo.
O concerto "Tolas almas tocas" de Zoelas terá lugar na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei

A Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei fecha a primeira parte da programación deste curso cun concerto musical a cargo de Zoelas.

Trátase dun proxecto orixinario das terras da Ulloa en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas.

Canto coral feminino con Bea, Érica, María, Pilar e Patricia acompañadas de Michel (guitarra), Miguel (percusión) e Bruno (requinta, zanfona e gaita).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.