Evento

Xurxo Martínez presenta en Compostela a súa obra sobre Antolín Faraldo

2022-05-10
19:00 h
Museo do Pobo Galego / Costa de San Domingos
O escritor Xurxo Martínez presenta nesta terza o libro.
photo_camera O escritor Xurxo Martínez presenta nesta terza o libro.
"Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento" é o nome da obra que será presentada no Museo do Pobo Galego

No 200 aniversario do nacemento de Antolín Faraldo, Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de quen Manuel Murguía definiu como "o primeiro e o mellor".

O libro de Xurxo Martínez, editado por Alvarellos coa colaboración da Deputación da Coruña, será presentado no Museo do Pobo Galego coa participación do propio autor, ademais de Xusto Beramendi, Henrique Alvarellos e María Muíño.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.