Evento

Xornadas en Carral: "A cultura é un dereito"

2022-06-09
10:30 h
Casa da Cultura / Rúa Belvís de Paleo, n°17
Miriam Ferradás estará nestas xornadas sobre poesía.
photo_camera Miriam Ferradás estará nestas xornadas sobre poesía.
"A cultura é un dereito" contará cunha completa programación que comezará ás 10.30 na Casa da Cultura de Carral

Co subtítulo Certames de poesía coma motores dunha literatura propia, decorrerá a presentación do estudo Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias, a cargo de Carlos Lorenzo.

Posteriormente será a quenda de A edición da poesía premiada, con Alfredo Ferreiro, Miguel A. Fernán Vello, Henrique Alvarellos e Fran Alonso.

Despois decorrerá o debate Chámome poeta e preséntome a concursos, con Dores Tembras, Xerardo Quintiá, Enma Pedreira Miriam Ferradás.

Presentación de premios de poesía con Sabela Herrero e Carlos Lorenzo. Logo haberá unha conferencia con Yolanda Castaño e a mesa redonda O futuro dos premios de poesía, con Eduardo Estévez, Elvira Ribeiro, Gil Ares e Sonia García.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.