Evento

Xornadas en Cangas sobre a figura de Antonio Nores Soliño

2022-04-26
10:30 h
Auditorio de Cangas / Avda. de Lugo, 27
Francisco Alonso Toucido é un dos poñentes das xornadas.
photo_camera Francisco Alonso Toucido é un dos poñentes das xornadas.
Francisco Alonso Toucido e Rafael García Ferreira serán os poñentes das xornadas sobre o fundador da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM)

Organizado por AC Memoria Histórica 28 Agosto de Cangas, coa colaboración do Concello de Cangas, Histagra-USC e a Sociedade de Ciencias Aranzadi, realizaranse estas xornadas co título 'O papel da arqueoloxía na búsqueda de represaliados da Guerra Civil e ditadura', nas que Alonso Toucido e García Ferreira participan cos relatorios 'O papel da arqueoloxía na busca de represaliados da Guerra Civil e ditadura' e 'A documentación das foxas do golpe de Estado a través dos casos de Vilagarcía de Arousa e San Pedro de Filgueira'.

Tratarán de dar luz sobre o acontecido na represión franquista. Posteriormente inaugurarase a exposición Exhumando fosaxas, recuperando dignidades.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios