
Os concertos terán lugar no Parque de San Francisco de Ribadeo a partir das 21.00 horas
Xógara é un cuarteto que encarna a mellor tradición europeísta da música folk. Esta é a segunda xira galega desta banda, a primeira foi en 2017; unha xira na que se presentou na Península Ibérica este proxecto que conxuga a defensa de dúas linguas minorizadas: o galés e o galego.
Previamente actuará a banda folk británica Owl Light Trio que fará en Ribadeo o seu primeiro concerto na Península Ibérica interpretando arranxos de temas galegos.