
A presentación da novela "Final Feliz" terá lugar na LIbraría Couceiro
Editado por Xerais, Final feliz é un libro de relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente.
A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en Murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en Gloriosa promenade...