Evento

Vaivén Circo trae o seu espectáculo "Esencial" a Lugo

2022-08-04
18:00 h
Praza Maior
Espectáculo onde se experimenta co equilibrio .
photo_camera Espectáculo onde se experimenta co equilibrio .
O espectáculo de Vaivén Circo terá lugar na Praza Maior de Lugo a partir das 18.00 horas

Esencial preséntase cunha posta en escena inspirada no "Arco da vella de Waldorf", un xoguete composto por piares e arcos que propician unha espectacular escenografía idónea para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con sutís diferenzas que poden propiciar que se pase do caos á harmonía nuns segundos.

Funambulismo, corda frouxa, trapecios, piares, xogos na altura, risco e emoción, nunha actuación que busca emocionar o público e, sobre todo, sorprendelo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.