Evento

VACAburra presenta "Festina Lente" no USCénica 2022 de Compostela

2022-06-29
20:30 h
Salón Teatro / Rúa Nova, 34
Clara Ferrao Diz e Andrea Quintana representan a obra.
photo_camera Clara Ferrao Diz e Andrea Quintana representan a obra.
A obra "Festina Lente" de VACAburra terá lugar ás 20.30 no Salón Teatro de Compostela

Festina Lente, de VACAburra é unha coprodución co Centro Coreográfico Galego, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea, que pretende ser un avance constante que busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pelpantalla coloniza as relacións.

No espectáculo pregúntase se é posíbel o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Como deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

Espectáculo de danza contemporánea de 55 minutos de duración, protagonizado por Clara Ferrao Diz e Andrea Quintana, esta última tamén encargada da coreografía e codirectora con Gena Baamonde.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.