Evento

Vacaburra presenta "Festina Lente" en Compostela

2022-06-07
20:00 h
Salón Teatro / Rúa Nova, 34
Clara Ferrao e Andrea Quintana danzan sobre o escenario.
photo_camera Clara Ferrao e Andrea Quintana danzan sobre o escenario.
 "Festina Lente" de Vacaburra terá lugar no Salón Teatro de Compostela

Festina Lente é un espectáculo de danza contemporánea baixo a dirección e dramaturxia de Gena Baamonde e Andrea Quintana, esta última, tamén coreógrafa e actriz intérprete xunto con Clara Ferrao Diz.

Festina Lente é unha locución latina que ten como tradución literal “apresúrate lentamente”. Festina Lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións.

Pregúntase se é posíbel o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Pregúntase como deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

Obra coprodución co Centro Coreográfico Galego e Agadic, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.