
A presentación de "Lingüística escreve-se com A" terá lugar na Libraría Numax
Lingüística escreve-se com A é unha historia alternativa e crítica da lingüística, ilustrando a participación das mulleres en oficios e saberes relacionados, como a tradución, a criptografía, a antropoloxía, a primatoloxía, a sociolingüística ou a filosofía da linguaxe.
Editado por Através Editora, a súa presentación será na Libraría Numax a partir das 20.30 horas.