
A compañía Os Náufragos representará “Pura” na Sala Ártika de Vigo
Pura fala dos nosos maiores. En concreto, a orixe da nosa peza, é a avoa Pura, familia do noso director, que serve coma fío condutor do espectáculo.
Pura tamén está de aniversario, 94 anos, e o seu desexo é ir de novo a ver un filme ó Cine París de A Coruña. Un cine que xa non existe, un cine que agora é un Pull and Bear.
Pura fala de memoria histórica, das lembranzas que aínda perduran nas nosas avoas, da reminiscencia, dos lugares que un día foron.