
O Círculo de Iniciaçao Teatral da Academia de Coimbra presentará a súa obra teatral no Teatro da Cidade Univ. de Vigo
Caos, na mitoloxía grega, é o primeiro deus primordial, a máis vella das formas de consciencia divina. O abismo, o baleiro, a nada e a explosión que orixinou o universo. Foi aquí que todo comezou, mergullamos na cosmogonía, entropía e na maxia do Caos.
Unha nova xeración do CITAC (Círculo de Iniciaçao Teatral da Academia de Coimbra) tira partido desta forza catabólica que xera por medio da escisión para crear algo novo, vibrante e único.