
Alén é unha comedia para rir da morte. Mamá acaba de morrer; e agora, que?
O primeiro espectáculo de longa duración da Formiga narra a viaxe (tanto física como espiritual) que realizan dous irmáns despois de que a súa nai fine e teñan que improvisar as súas exequias.
Unha peza que fala sobre a nosa cultura, o noso folclore... sobre os nosos medos, contradicións e sobre todo da dor que sucede á morte da man destes dous personaxes completamente distintos entre si que terán que pórse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.
A Formiga é unha compañía de teatro nova, creada no ano 2019 na Coruña polos actores Daniel Celester e Silvia V. Lorenzo, cunha ampla bagaxe profesional.