Evento

Teatro en Rianxo: "República sideral" de Teatro Airiños

2022-09-23
21:00 h
Auditorio Municipal
O grupo de teatro Airiños é o máis antigo da Galiza.
photo_camera O grupo de teatro Airiños é o máis antigo da Galiza.
A obra de Teatro Airiños terá lugar a partir das 21.00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos).

O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo– e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo xeracional sobre feitos históricos. Un grupo decide proclamar a independencia da Illa de Arousa.

Tal situación ten lugar na Taberna O Nicho, escribindo nun pano de papel os nomes dos diferentes cargos da Nova República Sideral.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.