
Baixo a dirección de Tito Asosey e sobre un texto de Marianela Morena, Melania Cruz e Vadim Yukhnevich protagonizan Continente María, un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.
Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio.
Establécese unha conversa co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos.