
Teatro Proscrito presenta a súa nova obra "Manar. A derradeira caravana" no Teatro Principal de Ourense
Manar. A derradeira caravana é unha representación da obra de Lino Braxe, onde se resalta a expresión das distintas realidades dunha muller que, desde a potencia da súa sonoridade, invita a entrar na súa vida en distintas etapas vitais e emocións a través da música, poesía e danza.