Evento

Teatro en Ourense: "Ecos do Deshabitado" de Fina Calleja

2022-05-03
20:00 h
Teatro Principal / Rúa da Paz, 9
Fina Calleja, a creadora de 'Ecos do Deshabitado'.
photo_camera Fina Calleja, a creadora de 'Ecos do Deshabitado'.
"Ecos do Deshabitado" de Fina Calleja poderá verse no Teatro Principal de Ourense

Ecos do Deshabitado é unha obra creada por Fina Calleja a partir de textos de varias escritoras e escritores de sona internacional (Raúl Gómez Pato, John Berger, Ana María Matute, Yolanda Pallín, José Ramón Fernández, Javier G. Yagüe) e que é representada polo Grupo Cordelia da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, que conta como elenco con Mónica Iglesias, Manuel Pérez, Alba Cifuentes, Gonzalo Otero, Carmen Blanco, Belén Iglesias, Chus Rodríguez, Miriam Blanco, Nuria García, Severino David Hermida, Marisol Amoeiro, Alejandro Gómez e Andrea Alfaya.

A actuación pretende que visitemos e construamos un universo que dea conta de quen somos hoxe, unha paisaxe deshabitada que non perdeu a capacidade para sandarnos, para explicarnos tal e como somos hoxe.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.