Evento

Teatro en Narón: "Morte accidental dun anarquista" de Talía Teatro

2022-05-06
20:30 h
Pazo da Cultura / Rúa Holanda
Escena da obra dirixida por Cándido Pazó.
photo_camera Escena da obra dirixida por Cándido Pazó.
Talía Teatro estrea o seu espectáculo "Morte accidental dun anarquista" no Pazo da Cultura de Narón

Morte accidental dun anarquista é unha dramaturxia inspirada na famosa obra de Dario Fo, considerada coma unha das mellores sátiras.

A obra pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a represión á que someten os cidadáns, así como o papel dos medios de comunicación na procura da noticia e do escándalo, facendo todo o posíbel por resaltar aspectos que pouco teñen que ver coa función da realidade e si coa busca de titulares que vendan ou sexan atractivos.

O espectáculo de Talía Teatro poderá verse no Pazo da Cultura de Narón.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.