
Hotel Europa está protagonizada por Nola Drake, Raquel Ferraz, Raquel Crespo, Alba Outeda e Javier.
Dirixida precisamente por este último, na que un centenario Hotel Europa está a piques de desaparecer por mor da especulación, a crise e o turismo masificado.
A variopinta clientela e os traballadores liderados por Dona Aurora, dona do Hotel, loitarán por manter vivo este aloxamento con máis historia de Galiza nunha comedia disparatada e moi petarda.
Perrucas, dentaduras, fume e explosións neste vodevil moi "petardo". As catro actrices protagonistas multiplican as interpretacións dando vida a moreas de distintos personaxes, con doses de intriga, entrelazando historias moi do estilo das comedias de situación.