
A compañía galega Teatro do Noroeste presentará “Gloria Nacional” no Auditorio Municipal de Vigo
Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”.
As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante.