Evento

Teatro na Coruña: "A lúa vai encuberta" de Incendiaria e a Quinta do Cuadrante

2022-09-20
20:30 h
Teatro Rosalía de Castro / Rúa Rego da Auga, 37
Melania Cruz e Davide González no escenario representando un momento da obra.
photo_camera Melania Cruz e Davide González no escenario representando un momento da obra.
A obra de Incendiaria e a Quinta do Cuadrante terá lugar no Teatro Rosalía de Castro a partir das 20.30 horas

Esta XIII edición do Lúas de Outono, homenaxe anual ao poeta Manuel María, ten unha connotación especial: será a primeira edición sen Saleta Goi, compañeira de vida do propio Manuel María e presidenta da fundación que leva o nome do autor.

Goi faleceu o sábado 10 de setembro e será lembrada de maneira especial no decorrer do acto.

Deste xeito, e antes da representación de A lúa vai encuberta, gañadora da II edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e dirixida por Tito Asorey, a cantante Uxía interpretará algúns dos moitos poemas que Manuel María dedicou a Saleta Goi.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.