Evento

Teatro en Compostela: "O Péndulo" de Inversa Teatro

2022-06-07
18:00 h
Auditorio Abanca / Rúa do Preguntoiro, 23
Márta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga actrices de 'O Péndulo'.
photo_camera Márta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga actrices de 'O Péndulo'.
Inversa Teatro presenta a obra "O Péndulo" no Auditorio Abanca de Compostela 

Marta Pérez, codramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza.

Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón.

Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo na Galiza durante a II República e condenada a cadea perpetua.

Teatro-documental que amosa como se desenvolveu o inicio da Guerra Civil na Galiza.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.