Evento

Teatro en Compostela: "Hoax Hamlet" de Voadora

2022-05-05
20:00 h
Festival Escenas do Cambio / Cidade da Cultura, Museo Centro Gaiás, Sala 1
A peza é unha homenaxe ao equipo técnico de Voadora.
photo_camera A peza é unha homenaxe ao equipo técnico de Voadora.
A compañía de teatro Voadora presenta a súa nova obra "Hoax Hamlet" na Cidade da Cultura

A compañía de teatro Voadora estrea a súa nova creación, Hoax Hamlet, peza dirixida por Hugo Torres, que tamén actúa e leva a dirección artística da troupe, e coa que a compañía celebra 15 anos sobre os escenarios.

A obra preséntase coma unha fábula. Un monstro ao que lle gusta mirar pola xanela cando o sol está a piques de se poñer.

Un monstro ao que lle gustan os xardíns, porque os xardíns son cousas que crecen cando se coidan e se traballan.

É unha historia de amor. É o fillo que apenas pode esperar saír pola porta e que non pensa volver ata que se cumpran todos os seus soños.

É o noso fillo. E aos fillos hai que saber cando lles tes que ensinar onde está a porta para que se poidan ir.

Hoax Hamlet é teatro. Pero tamén é outra cousa.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.