
A Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) continúa coa obra "Emigrados"
Emigrados é unha obra realizada a partir dos textos de Anxos Sumai, Candido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro e Xosé Manuel Pazos que repasará diferentes situacións que se dan na historia das persoas e dun pobo cando se converten en inmigrantes, a través da ironía, a axilidade da linguaxe artística e un punto de vista de conciencia colectiva.
É un dos actos programados na semana final da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).