Evento

Teatro en Compostela: "Continente María"

2022-05-26
20:00 h
Salón Teatro / Rúa Nova, 34
Melania Cruz é a actriz protagonista de 'Continente María'.
photo_camera Melania Cruz é a actriz protagonista de 'Continente María'.
A coprodución de Ainé, da Quinta do Cuadrante, do Concello da Coruña e do Centro Dramático Galego poderá verse no Salón Teatro de Compostela

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que ofrece o teatro, evócase Casares non só como a inesquecíbel actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobreporse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

Casares preséntase como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía pode ofrecer.

 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.