
"Función descontraída" desta obra, Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2018, elaborada por AveLina Pérez que involucra as espectadoras e os espectadores no espectáculo.
Cando o público entre, a obra xa estará comezada. A entrada dos espectadores formará parte do espectáculo; todo o que aconteza na sala formará parte do espectáculo: os movementos nas cadeiras, os xiros de cabeza, as buscas das olladas, as toses, alguén que se levanta, o aplauso ou a falta del...
A acción ten lugar, sobre todo, no patio de butacas. A relación entre a actriz e o público. A recepción. As expectativas desde o baleiro. O mundo posmoderno. Os coñecementos inútiles. A soidade. A violencia. E, doutra volta, o baleiro.