Evento

As Tanxugueiras e La M.O.D.A pechan o Son Rías Baixas 2022

2022-08-06
12:00 h
Recinto Multiusos da Estacada / Rúa de Pazos Fontenla, 55
Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro actuarán no festival.
photo_camera Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro actuarán no festival.
A xornada de hoxe comeza a partir das 12.00 da mañá con artistas como Grande Amore e La Duendeneta 

Data final do festival Son Rías Baixas que hoxe comeza ben cedo en horario de mañá.

Deste modo, ás 12.15 horas actúa La Duendeneta, para logo dar paso ás 13.30 a Grande Amore.

Xa pola tarde, e alternando os dous escenarios, teremos desde ás 20 horas, no principal, a Arnau Griso e ás 21.10, no escenario pequeno, a Balkan Paradise Orchestra, previo ao concerto do grupo protagonista do verán galego, as Tanxugueiras, que acapararán este treito da noite a partir das 22 horas, doutra volta no escenario principal.

E, a seguir, na alternancia de espazos, respectivamente, ás 23.20 horas a Suu, ás 00.20 horas do xa domingo a La M.O.D.A., ás 01.50 horas a Sara Hebe e, para rematar a noite e o festival, a partir das 02.50 horas animará os presentes o grupo Eskorzo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.