
O concerto de Susana Seivane terá lugar na Praza de Fefiñáns de Cambados a partir das 22.30 horas
Co gallo da Festa do Alvariño, Susana Ceivane ofrecerá un concerto, dentro da xeira que está a levala por toda a Galiza (e mesmo á 'Noche Celta de Mijas' de Málaga) durante estes meses de verán, e no que interpretará temas habituais do seu repertorio, pezas tradicionais e de autora.