Evento

Dj Galician Army e Susana Seivane, no festival Concertos na Fin do Mundo

2022-09-03
20:00 h
Faro Punta da Barca
Susana Seivane fará soar a gaita en Muxía.
photo_camera Susana Seivane fará soar a gaita en Muxía.
O festival Concertos na Fin do Mundo terá lugar no Faro Punta da Barca a partir das 20.00 horas

Unha gran fusión entre o silencio previo, o silencio das ondas e dos ritmos que nesta xornada do sábado comezará coa actuación de Dj Galician Army que dará a man ao músico galego Andrés Balado, arredor das 20.30 horas, que abre unha xanela á música dunha era. Ao finalizar, Dj Galician Army, de novo, para dar entrada a Susana Seivane, 21.30 horas, a gaiteira máis moderna da saga.

Rematarase de novo con Dj Galician Army.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.