Evento

"Superheroe" de Fran Rei recala en San Sadurniño

2022-06-21
20:30 h
CPI San Sadurniño / Avda. Marqués de Figueroa, 19
O noso novo heroe, Fran Rei.
photo_camera O noso novo heroe, Fran Rei.
O espectáculo de Fran Rei poderá verse no CPI San Sadruniño a partir das 20.30 horas

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terríbeis ameazas, sen esquecer a conciliación.

Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro.

E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.

Unha desventura cómica que bebe das grandes producións cinematográficas.