Evento

Sesión cinema en Compostela: "The Watermelon Woman"

2022-04-20
18:00 h
Salón de Actos da Facultade de Filosofía / Praza de Mazarelos
Turner e Dunye no filme.
photo_camera Turner e Dunye no filme.
O filme, englobado no Ciclo de Cinema Filosófico, terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía

The Watermelon Woman é a proxección elixida para visualizar esta semana no Ciclo de Cinema Filosófico + Ciclo de cine LGBTQ + da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.

The Watermelon Woman (a Muller Sandía), realizada por Cheryl Dunye en 1996, foi a primeira longametraxe dirixida por unha muller lesbiana afroamericana e considérase un fito no New Queer Cinema.

A proxección arrancará ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade, correndo a presentación a cargo de Bia Guillen.

A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.