
O espectáculo "Fóra de stock" poderá verse na Praza Maior de Lugo a partir das 18 horas
O espectáculo Fóra de stock fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, da túa, da nosa, de vivir.
Unha oficina, un almacén, unha fábrica... traballo, expedientes, ingresos, gastos, balances... traballar para vivir ou vivir para traballar? Onde quedo eu? Que peza son nesta engrenaxe?
Todo isto é o que transmite o espectáculo, anhelos e desexos que quedan mortos no camiño, inertes. Malabares, acrobacias e moitos soños, este é o circo sen límite de expresión con Eduardo Manazas.