Evento

"Semente de Nós" de Sarabela Teatro e Ollovivo chega a Lugo

2022-05-12
20:30 h
Auditorio Municipal Gustavo Freire / Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña
Un dos momentos da representación de 'Semente de Nós'.
photo_camera Un dos momentos da representación de 'Semente de Nós'.
"Semente de Nós" de Sarabela Teatro e Ollovivo rememorará á Xeración Nós no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A revista Nós cumpriu 100 anos e para celebralo, desde o seu berce fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo coproduciron o Docu-Drama Semente de Nós: celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.

Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS.

Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.

Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza.

Cosendo o pasado ao presente para proxectármonos cara a un futuro que pide a berros un cambio de paradigma sanitario, científico, ecolóxico, pedagóxico, social, cultural…

A obra de teatro terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.