
Após a xornada inaugural de onte, hoxe e máis mañá seguen as actividades do 2º Encontro Celme de Zanfona, centradas principalmente nas actuacións artístico-musicais no casco histórico da cidade.
Así, para hoxe, ás 12 horas, haberá a actuación para público familiar de Monifates e posteriormente, ás 13 horas, será Suso Vaamonde quen actúe na carpa da Horta do Seminario.
Na quenda de serán, ás 19 horas na mesma carpa, estarán Etrad Zanfona Ensemble e ás 21 Dúo Pedro Pascual & Germán Díaz. Xa o domingo, ás 13 horas, haberá un encontro de bandas no casco histórico.
Completan o programa destas xornadas mesas redondas, conferencias e clases maxistrais.