
A presentación de "Oito días sen Eva Cortés", que acadou o Premio de Narrativa Illa Nova 2021, será na Libraría Paz de Pontevedra
A escritora Sara Vila presenta o seu último libro Oito días sen Eva Cortés, editado por Galaxia, xunto a xornalista Belén López e a editora Malores Villanueva.
Oito días sen Eva Cortés, Premio de Narrativa Illa Nova 2021, camiña a través da vida de dúas mulleres que teñen moito en común.
A presentación terá lugar na Libraría Paz de Pontevedra, a partir das 19.30 horas.