Evento

Ruada en Compostela para celebrar a Festa dos Maios

2022-05-07
17:00 h
Saída desde o Cruceiro de San Pedro
As crianzas serán as principais protagonistas desta ruada.
photo_camera As crianzas serán as principais protagonistas desta ruada.
Festa dos Maios en Compostela: nenas e nenos percorrerán as rúas de Compostela como celebración

As nenas e nenos, ataviadas de maios viventes, xunto cun grupo de música tradicional, tamén conformado por crianzas, quedarán á altura do cruceiro.

A comitiva percorrerá as rúas do casco vello, con paradas na praza 8 de marzo e na praza do Pan (Cervantes) onde a rapazada, a rimo de paos, cantarán arredor dos maios viventes as coplas compostas por elas mesmas.

A festa dos Maios é un dos fitos do calendario festivo tradicional galego. Está vencellada á cultura agraria, e servía para saudar o agromar da primavera e protexer os cultivos.

En moitos lugares de Galiza e de Europa saúdase a primavera coa construción de árbores cargados de simbolismo: a fertilidade.