
Comezan as actividades de hoxe, ás 16.30 horas, na rúa Algalia de Abaixo, 24, co roteiro Cinema(tógrafo)s de Compostela, paseo guiado, percorrido pola historia das salas de proxección en Compostela, da primeira exhibición do cinematógrafo ás actuais salas de reprodución dixital.
A andaina concluirá na praza do Toural, onde se presentará o Mapa de Cinema(tógrafo)s.
E será no Toural onde prosigan as actividades, desde as 18.30 horas, coa conversa e escenificación de Nico Campos e Evaristo Calvo arredor do volume Estampas do mundo elegante (Andavira Editorial), para concluír ás 20 horas coa actividade Autoficción con Xesús Fraga, Berta Dávila e Blanca Riestra, que falarán das súas últimas obras.