Evento

Roteiro guiado polos Tímpanos de Compostela

2022-04-23
12:00 h
Punto de encontro Igrexa de Salomé / Rúa Nova
Tímpano da Igrexa de San Fiz de Solovio en Compostela.
photo_camera Tímpano da Igrexa de San Fiz de Solovio en Compostela.
O roteiro guiado polos Tímpanos de Compostela correrá a cargo do profesor da USC David Chao Castro

O punto de encontro do roteiro será a Igrexa de Salomé ás 12.00 horas.

O profesor de arte medieval da Facultade de Arte da USC David Chao Castro será o condutor deste roteiro.

Os tímpanos que servían de remate para as portas dos ornamentados frontispicios medievais, cumprían unha función destacada nos discursos teolóxicos e dogmáticos. O da Igrexa de Salomé, o de San Fiz de Solovio ou o orixinario do convento de Santa María a Nova serán algúns dos tímpanos do roteiro.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.