
O roteiro dos camiños do Monte Faro comeza a partir das 10 horas en varios espazos do concello de Chantada
Na mañá de hoxe comeza na praza da Galiza da vila do Asma unha visita guiada para coñecer os camiños e o románico do concello.
O prezo por persoa para a realización da actividade é de cinco euros e é gratuíto para aquelas persoas que estean empadroadas en Chantada.
Tamén é de balde para menores de idade.