Evento

Revenidas 2022: programación xoves 8 de setembro

2022-09-08
18:00 h
Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa
Suu ten programada a súa actuación no festival Revenidas a partir das 20.20 horas.
photo_camera Suu ten programada a súa actuación no festival Revenidas a partir das 20.20 horas.
Consulta quen participará na xornada de hoxe do festival Revenidas de Arousa

Segunda data deste festival de referencia internacional que se celebra no porto de Vilaxoán, que xa vai pola súa décimo oitava edición, e que ademais da música vén acompañado de distintas actividades, tanto gastronómicas, culturais, como interdisciplinarias.

Desta volta, nesta quinta feira, a programación comeza xa a primeira hora da tarde, desde as 18 horas, coa actuación de Laura Montagne & Pico Amperio.

A seguir, desde as 19, daranse paso sucesivamente Gatibu, Duendeneta, ás 20, Suu, ás 20.20, Copa Turbo, ás 21.20, La Pegatina, ás 22, Ketekalles, ás 23.30, Boikot, ás 00.45 horas e, por último, fechando a partir das 2.15 horas, doutra volta Duendeneta

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.