Evento

Remata o Festival de Teatro Galego no Carballiño

2022-09-09
11:00 h
Varias localizacións e horarios
Barafunda levará o seu espectáculo polas rúas do Carballiño.
photo_camera Barafunda levará o seu espectáculo polas rúas do Carballiño.
Barafunda, Cou. media e Producións Dispersas sreán os grandes protagonistas da xornada de peche do Festival de Teatro Galego

Barafunda, Cou. media e Producións Dispersas serán os encargados de fechar este ano festival nesta sexta feira.

Así, durante o día, en tres pases, 11, 17 e 19.30 horas, Barafunda representará Octavio e o premio polas rúas do Carballiño, mentres que Cou. media, no Auditorio Manuel María, porá en escena a súa obra Home. Comedia deconstruída ás 20 horas, e Producións Dispersas, fará o propio ás 22.30 horas no parque Insua dos Poetas, con Mentres dure a canción.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.