
"A Casa da Forza" da Aula de Teatro da USC é a encargada de abrir a nova edición da mostra
Doce anos despois da súa última edición, a Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), promovida pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello, retorna a Pontevedra.
A Aula de teatro da USC, abrirá a mostra con ‘A Casa da forza’, unha obra dirixida por Roberto Salgueiro.
Baseada nun texto da dramaturga Angélica Liddell, trátase dunha obra centrada no feminismo e na situación da muller no século XXI.