
"Cantarenas na noite" terá lugar na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Recital poético musical Cantarenas na noite de Paco Campos, quen tomará poemas de Florencio Delgado Gurriarán.
Palabra e música serán complementadas e potenciadas cun soporte audiovisual elaborado polo director valdeorrés, Domingo D. Docampo, autor de O castiñeiro morto, curtametraxe de homenaxe ao propio Florencio, que será proxectada previa ao recital.