
O Centro Dramático Galego e CondeTresPés achegan a obra de Vidal Bolaño ao Auditorio Municipal de Ponteareas
Rastros, de Vidal Bolaño, chega a Ponteareas da man do Centro Dramático Galego e CondeTresPés.
Dirixida por Lois Blanco, forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.
A mostra teatral terá lugar na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas, a partir das 21.00 horas.