
Arredor de 900 cartas conforman o epistolario entre María Casares e Albert Camus, base deste proxecto audiovisual
Este proxecto audiovisual, inaugurado o pasado 22 de xuño, está baseado na correspondencia que ao longo de quince anos mantiveron a actriz galega María Casares e o escritor francés Albert Camus.
Comisariada por Tono Mejuto e Silvia Longueira, a mostra contou co asesoramento da escritora María Lopo, experta na figura da actriz galega.