
As rúas volven ter protagonismo nesta sexta feira coas distintas ruadas das bandas.
Así, en distintos horarios, actuarán a Banda de Gaites El Gumial & Grupo de Baile Tradicional Fitoria, a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, a Bagad De Vannes Melinerion e a Banda de Gaitas de Guillarei.
Tamén poderemos gozar de actividades dramáticas no Teatro de Beneficencia (rúa do Príncipe, 2), coa representación do grupo Caldo ás 19 horas.
E como pratos fortes, no escenario Estrella Galicia, teremos as actuacións desde as 21 horas de Johnstone Pipe Band, de Caamaño & Ameixeiras (21.45 horas), da Escola de Gaitas de Ortigueira (23 horas), de Susana Seivane (0.15 horas) e de Red Hot Chilli Pipers, estes desde a 1.30 horas do, xa, sábado 16.