Evento

Presentación da nova novela de Xosé Ramón Pena en Vigo

2022-04-20
20:00 h
MARCO / Rúa do Príncipe, 54
Presentación do libro de Xosé Ramón Pena.
photo_camera Presentación do libro de Xosé Ramón Pena.
O evento literario terá lugar no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) acollerá a presentación da novela de Xosé Ramón Pena: "En tempo de desconto".

O evento será unha conferencia-coloquio arredor do libro, que leva por título “En tempo de desconto. Relatos sen data para o século XXI”, organizada polo Club Faro.

Esta obra, da Editorial Galaxia, está conformada por un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa, e onde os personaxes gobernan como mellor poden o que lles queda como o seu destino.

Acompañando ao autor, estarán a escritora e tradutora Moncha Fuentes, e Xesús Domínguez Dono, director de produción de Editorial Galaxia.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.